28 nov
|
MacomDeza Mantenimientos
|
Valladolid
28 nov
MacomDeza Mantenimientos
Valladolid
Técnico/a de Administración, Contabilidade e Recursos Humanos (Back-Office)
Funcións principais do posto:
Xestión de Recursos Humanos (cadro de persoal de 30 a 35 traballadores/as):
Control de cuadrantes, quendas, substitucións, vacacións e absentismo do persoal operativo repartido en distintos centros de traballo.
Tramitación laboral (altas, baixas, variacións de xornada, partes de IT/baixas médicas) e coordinación coa asesoría laboral.
Apoio en procesos de selección de operarios/as de limpeza e técnicos/as de mantemento, acollida e entrega de EPIs/uniformidade.
Administración, Contabilidade e Back-Office:
Facturación periódica a clientes privados e tramitación de facturación electrónica (FACE) para adxudicacións con organismos públicos.
Contabilización de facturas de provedores, control de tesouraría, conciliación bancaria e seguimento de cobramentos e pagamentos.
Xestión documental vinculada a licitacións públicas, plataformas de Coordinación de Actividades Empresariais (CAE) e mantemento de sistemas de calidade ISO **** / ISO *****.
Atención telefónica e presencial na oficina, e soporte directo á xerencia.
Requisitos:
Experiencia previa demostrable en postos de administración/contabilidade e xestión laboral (valorarase especialmente experiencia en empresas de servizos ou multiservizos).
Titulación en Administración e Finanzas, Relacións Laborais, ADE ou similar.
Dominio de Excel e soltura con programas de contabilidade e facturación.
Valoraranse positivamente coñecementos en facturación electrónica (FACE), plataformas CAE ou xestión de licitacións.
Persoa organizada, resolutiva e discreta.
Que ofrecemos?
Incorporación a unha empresa en plena expansión a nivel autonómico, con proxectos estables tanto no sector privado coma no público.
Posto sólido nas nosas oficinas centrais da Rúa Corredoira 23 Baixo (Lalín).
Horario flexible de luns a venres.
Salario segundo convenio.
#J-*****-Ljbffr
📌 Administrativo Contable (Valladolid)
🏢 MacomDeza Mantenimientos
📍 Valladolid