Técnico/a de Administración, Contabilidade e Recursos Humanos (Back-Office)
Control de cuadrantes, quendas, substitucións, vacacións e absentismo do persoal operativo repartido en distintos centros de traballo.
Administración, Contabilidade e Back-Office:
Facturación periódica a clientes privados e tramitación de facturación electrónica (FACE) para adxudicacións con organismos públicos.
Contabilización de facturas de provedores, control de tesouraría, conciliación bancaria e seguimento de cobramentos e pagamentos.
Xestión documental vinculada a licitacións públicas, plataformas de Coordinación de Actividades Empresariais (CAE) e mantemento de sistemas de calidade ISO 9001 / ISO 14001.
Atención telefónica e presencial na oficina, e soporte directo á xerencia.
Experiencia previa demostrable en postos de administración/contabilidade e xestión laboral (valorarase especialmente experiencia en empresas de servizos ou multiservizos).
Titulación en Administración e Finanzas, Relacións Laborais, ADE ou similar.
Dominio de Excel e soltura con programas de contabilidade e facturación.
Valoraranse positivamente coñecementos en facturación electrónica (FACE), plataformas CAE ou xestión de licitacións.
Incorporación a unha empresa en plena expansión a nivel autonómico, con proxectos estables tanto no sector privado coma no público.
Posto estable nas nosas oficinas centrais da Rúa Corredoira 23 Baixo (Lalín).
Flexibilidad horaria de luns a venres.