24 nov
|
MacomDeza Mantenimientos
|
Lalín
24 nov
MacomDeza Mantenimientos
Lalín
Técnico/a de Administración, Contabilidade e Recursos Humanos (Back-Office)
Funcións principais do posto
- Xestión de Recursos Humanos (cadro de persoal de 30 a 35 traballadores/as):
- Control de cuadrantes, quendas, substitucións, vacacións e absentismo do persoal operativo repartido en distintos centros de traballo.
- Tramitación laboral (altas, baixas, variacións de xornada, partes de IT/baixas médicas) e coordinación coa asesoría laboral.
- Apoio en procesos de selección de operarios/as de limpeza e técnicos/as de mantemento, acollida e entrega de EPIs/uniformidade.
- Administración, Contabilidade e Back-Office:
- Facturación periódica a clientes privados e tramitación de facturación electrónica (FACE) para adxudicacións con organismos públicos.
- Contabilización de facturas de provedores, control de tesouraría, conciliación bancaria e seguimento de cobramentos e pagamentos.
- Xestión documental vinculada a licitacións públicas, plataformas de Coordinación de Actividades Empresariais (CAE) e mantemento de sistemas de calidade ISO 9001 / ISO 14001.
- Atención telefónica e presencial na oficina, e soporte directo á xerencia.
Requisitos
- Experiencia previa demostrable en postos de administración/contabilidade e xestión laboral (valorarase especialmente experiencia en empresas de servizos ou multiservizos).
- Titulación en Administración e Finanzas, Relacións Laborais, ADE ou similar.
- Dominio de Excel e soltura con programas de contabilidade e facturación.
- Valoraranse positivamente coñecementos en facturación electrónica (FACE), plataformas CAE ou xestión de licitacións.
- Persoa organizada, resolutiva e discreta.
Que ofrecemos?
- Incorporación a unha empresa en plena expansión a nivel autonómico, con proxectos estables tanto no sector privado coma no público.
- Posto estable nas nosas oficinas centrais da Rúa Corredoira 23 Baixo (Lalín).
- Flexibilidad horaria de luns a venres.
- Salario segundo convenio.
📌 Administrativo contable (Lalín)
🏢 MacomDeza Mantenimientos
📍 Lalín