19 nov
|
Roberto Moreda Álvarez
|
Ourense
19 nov
Roberto Moreda Álvarez
Ourense
Un equipo que medra contigo
Únete a Ferretería El Greco!
En Ferretería El Greco levamos máis de 30 anos acompañando o barrio do Couto, ofrecendo proximidade, calidade e atención personalizada. Somos unha empresa de ferraxería e bazar que cre no valor das persoas, no traballo en equipo e na aprendizaxe diaria.
Buscamos incorporar ao noso equipo unha persoa para o posto de dependente/a de ferraxería, con ganas de aprender, implicarse e medrar con nós.
Que ofrecemos?
- Xornada de 20 horas semanais.
- Horario principalmente de mañá, de luns a sábado.
- De luns a venres: de 10:15 a 13:30 h.
- Sábados: de 9:45 a 13:30 h.
- Salario de 700 € brutos mensuais, coas pagas extras á parte (3 pagas extras ao ano).
- Retribución total anual: 10.500 € brutos.
Que buscamos?
Unha persoa próxima,
responsable e con actitude positiva, á que lle guste o trato coas persoas, traballar en equipo e aprender sobre produtos de ferraxería, bricolaxe e bazar.
No teu posto serás a persoa encargada de atender aos clientes na súa visita, ofrecerlle asesoramento, ofrecerlle os nosos servizos e realizar as tarefas de reposición e xestión de inventario correspondentes.
Non é necesario sabelo todo: valoramos as ganas, a iniciativa e o interese por aprender.
Se buscas un lugar onde sentirte parte dun equipo, achegar, aprender e medrar, queremos coñecerte.
? Envíanos a túa candidatura e comeza a medrar con nós!
📌 Dependente/a de ferretería (Ourense)
🏢 Roberto Moreda Álvarez
📍 Ourense