Na Asociación Amicos traballamos cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, autismo e das súas familias.
Facémolo dende a inclusión, o compromiso social e o traballo en equipo.
Agora buscamos captadores/as, persoas comunicativas, con sensibilidade social e ganas de formar parte dun proxecto con impacto real.
Serás a imaxe de Amicos, informando e sensibilizando á cidadanía sobre a nosa labor, convidando ás persoas a colaborar de maneira continuada coa asociación.
Non é só un emprego: é concienciación, diálogo e compromiso social.
Compromiso coa igualdade Esta oferta está redactada seguindo criterios de imparcialidade e de non discriminación por razón de xénero, raza, ideoloxía ou calquera outro motivo, conforme á normativa vixente en materia de igualdade (Real Decreto-Lei **).
Requisitos En Amicos estamos a buscar persoas coma ti: - Extrovertidas e comprometidas, con ganas de marcar a diferenza e de medrar dentro dunha organización próxima.
- Con afán de superación e autonomía, capaces de traballar en equipo e con excelentes habilidades comunicativas.
- Con enerxía e paixón, que busquen un equilibrio entre a súa vida persoal e o compromiso co apoio ás persoas.
Valoraremos especialmente se contas con formación en fundraising, mercadotecnia social, sensibilización ou outras áreas relacionadas.
Que ofrecemos?
- Incorporación inmediata.
- A oportunidade de traballar con propósito, contribuíndo a unha causa que cambia vidas.
Únete á nosa misión
En Amicos cremos na igualdade de oportunidades, promovemos un entorno laboral seguro e diverso, e valoramos o teu compromiso cos nosos valores.
Fai que o teu talento marque a diferenza.
Inscríbete agora e forma parte dun traballo que deixa pegada no mundo enteiro.
Se ofrece - Contrato fijo dende o primeiro día Xornada parcial de 25 horas semanais con alta na Seguridade Social.
- Estabilidade laboral Apostamos por relacións laborais duradeiras.
- Salario fixo + incentivos Salario base de 900 € máis incentivos mensuais.
Salario medio aproximado: * € ao mes.
- Formación inicial e acompañamento continuo Non é necesaria experiencia previa.
Nós formámoste e acompañámoste en todo o proceso.
- Bo ambiente de traballo e equipo humano Un equipo comprometido, próximo e con valores.
- Obxectivos realistas e alcanzables Recoñecemos o teu esforzo e implicación.
- Horario preferentemente de mañá Ideal para compatibilizar con estudos, familia ou outros proxectos persoais.
- Medidas de conciliación Porque coidar ás persoas tamén é coidar a quen traballa connosco.
📌 Captador Ong. 25H/Sem (España)
🏢 Amicos
📍 España
Postulate a este anuncio
Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.