27 oct
|
CIDEL Galicia
|
Pontevedra
27 oct
CIDEL Galicia
Pontevedra
País
España
Provincia
Pontevedra
Fecha límite Inscripción
31/10/2026
Categoría
Gestión de Proyectos, Sensibilización
Información de la ONG
CIDEL Galicia
Objetivo
Baixo a coordinación de CIDEL Galicia, a persoa seleccionada participará no desenvolvemento de iniciativas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía General, combinando o traballo directo con mocidade e profesorado coa planificación, a xestión técnica e o seguimento de proxectos. Entre as actuacións previstas están SENDA 2030. Xeración Eco-Étika (consorcio coa Universidade de Vigo) e RePlay Juventud × Derechos (consorcio con Fundación Balms para la Infancia), financiadas pola Xunta de Galicia.
Responsabilidades
Deseñar e desenvolver obradoiros, laboratorios e procesos participativos con mozas e mozos, profesorado e comunidade educativa, arredor dos dereitos humanos, a igualdade, a participación e a sustentabilidade.
Planificar, organizar e acompañar actividades e proxectos educativos en coordinación con centros de ensino, universidades e entidades sociais, incluídos os encontros, a Feira da Sostibilidade e o Seminario Internacional previstos nas iniciativas en marcha.
Elaborar materiais educativos e contidos para comunicar as actividades e resultados dos proxectos nos que participe, en coordinación coas persoas responsables da comunicación de CIDEL Galicia.
Realizar o seguimento técnico das intervencións, indicadores e fontes de verificación; preparar informes e colaborar na organización da documentación necesaria para a xustificación técnica e económica das subvencións.
Identificar convocatorias e oportunidades de financiamento, analizar os seus requisitos e participar na formulación de novas propostas de EpDCG e cooperación, incluíndo memorias, indicadores e orzamentos.
Organizar o traballo operativo coa persoa técnica de apoio e participar nas reunións de coordinación e nos espazos de traballo que se determinen
Condicións laborais
Xornada: 25 horas semanais.
Período previsto: do 1 de novembro de 2026 ao 31 de xullo de 2027.
Modalidade de traballo: teletraballo, con referencia organizativa en Vigo–Pontevedra e desprazamentos presenciais aos centros, actividades e reunións que o posto requira.
Condicións económicas: segundo o convenio colectivo.
Perfil:
Imprescindible: Titulación universitaria, preferentemente no ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas, especialmente en Educación Social, Pedagoxía, Socioloxía, Traballo Social, Ciencias Políticas, Economía, Relacións Internacionais, Periodismo e/ou Comunicación.
Valorarase:
Formación complementaria en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, cooperación internacional, igualdade de xénero, dereitos humanos, sustentabilidade e xestión de proxectos.
Experiencia na formulación e xustificación de subvencións públicas, metodoloxías participativas, traballo con centros educativos e procesos de igualdade e prevención das violencias de xénero; coñecementos de sustentabilidade, creación de contidos e comunicación de proxectos; coñecemento do galego.
Competencias persoais. Iniciativa, capacidade de organización, facilidade para dinamizar grupos, comunicación próxima e disposición para o traballo en equipo.
Competencias:
Iniciativa y autonomía, Optimismo y entusiasmo, Flexibilidad, Organización y planificación, Fiabilidad técnica y personal, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo
Nivel:
Empleado
Tipo de contrato:
Media jornada
Duración:
De 6 meses a 1 año
Salario:
Entre 18.001 y 24.000 € bruto/anual
Estudios mínimos:
Licenciado
Experiencia mínima:
Al menos 1 año
Fecha de inicio:
02/11/2026
Fecha finalización de la actividad:
31/07/2027
Nº de vacantes:
1
📌 Técnica de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (Pontevedra)
🏢 CIDEL Galicia
📍 Pontevedra