Desoños é un estudo de deseño especializado en creación de marca e produto dixital.
Facemos plataformas á medida para congresos médicos, colexios, entidades culturais e pemes, tamén tendas en liña, e queremos medrar con produtos propios. Buscamos unha persoa que se incorpore a un equipo pequeno no que deseño e desenvolvemento traballan da man en cada proxecto, desde a primeira idea ata a publicación.
Que farás
- Converter deseños de Figma en interfaces web fieis, accesibles e responsive.
- Desenvolver funcionalidades en Laravel: paneis de xestión con Filament, formularios, áreas privadas…
- Manter e mellorar as plataformas que xa temos en produción.
Con que traballamos
Laravel, Filament, Livewire, Tailwind CSS, Alpine.js, Vite, Pest e Git.
Que buscamos
- Base sólida de HTML, CSS e JavaScript, e ganas de que as cousas queden ben ata o último píxel.
- Coñecementos de PHP e de Laravel.
- Bo manexo de Git.
- Que saibas interpretar un deseño en Figma.
- Formación en informática (FP, grao ou similar).
Tamén valoramos perfís con outra formación que demostren os coñecementos.
- Curiosidade, autonomía e ganas de aprender. Non precisas anos de experiencia, pero si ter feito cousas: proxectos de clase, persoais ou profesionais que poidamos ver.
Valoramos
- Galego falado e escrito: usámolo a diario con moitos clientes.
- Experiencia con Tailwind, Livewire ou Filament.
- Experiencia con comercio electrónico ou integracións con APIs e sistemas externos.
- Experiencia en apps móbiles multiplataforma (Flutter, React Native…). Se vés do mundo móbil e tes base web, tamén nos interesa.
- Sensibilidade polo deseño, a tipografía e a accesibilidade.
Que ofrecemos
- Contrato fijo a xornada completa.
- Traballo presencial en Vigo, con teletraballo os venres.
- Un equipo pequeno no que verás o resultado do teu traballo e aprenderás de deseño a diario.
- Proxectos variados e coidados.
📌 Desenvolvedor/a web (Laravel + front) — Vigo
🏢 Desoños
📍 Vigo