20 oct
|
Federación Galega De Esclerose Múltiple (Fegadem)
|
Santiago de Compostela
20 oct
Federación Galega De Esclerose Múltiple (Fegadem)
Santiago de Compostela
FEGADEM busca unha persoa titulada en Traballo Social ou Educación Social para incorporarse ao seu equipo en Santiago de Compostela.
FEGADEM é a Federación Galega de Esclerose Múltiple, que traballa en colaboración coas súas 5 entidades membro, que se reparten por toda Galicia. Defende os dereitos das persoas con Esclerose Múltiple (EM), sensibiliza sobre a enfermidade e encárgase da representación das entidades.
Funcións:
- Apoio na xestión de proxectos e subvencións.
- Organización de charlas e actividades de sensibilización.
- Coordinación co equipo técnico e coas entidades federadas.
- Seguimento e elaboración de informes.
Requisitos:
- Grao en Traballo Social ou Educación Social.
- Nivel alto de galego.
- Manexo de ferramentas informáticas básicas.
- Inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) no momento da contratación.
Condicións:
? Santiago de Compostela.
? Xornada do 75 %.
? Contrato de 12 meses.
? Envía o teu CV a
[email protected], co asunto «Oferta emprego Coopera+Nome e Apelidos».
Oferta suxeita aos programas de cooperación 2026 da Xunta de Galicia.
⏰ Envía o CV ata o 13 de novembro de 2026.
📌 Traballo Social ou Educación Social (Santiago de Compostela)
🏢 Federación Galega De Esclerose Múltiple (Fegadem)
📍 Santiago de Compostela