? OFERTA DE EMPREGO | TERAPEUTA OCUPACIONAL
Dende o CDR O Viso buscamos incorporar unha persoa terapeuta ocupacional para unha substitución temporal .
? Funcións principais:
- Deseño e desenvolvemento de intervencións de terapia ocupacional.
- Acompañamento ás persoas usuarias, favorecendo a súa autonomía e benestar.
- Valoración das necesidades e capacidades das persoas.
- Participación na planificación e desenvolvemento das actividades do centro.
- Traballo coordinado co equipo competente.
? Que buscamos?
Unha persoa con formación en Terapia Ocupacional , capacidade de traballo en equipo, iniciativa e sensibilidade para acompañar as persoas desde a proximidade e o respecto á súa autonomía.
? Lugar de traballo: Lodoselo (Sarreaus, Ourense)
? Modalidade: substitución temporal
? Incorporación: Inmediata
? Xornada: completa, 40 horas semanais
Se cres que podes encaixar no posto ou coñeces a alguén a quen lle poida interesar, agradecemos que compartas esta oferta .
? As persoas interesadas poden enviar o seu CV a :
[email protected]
📌 Terapeuta ocupacional (Lodoselo)
🏢 CDR O Viso
📍 Lodoselo