? OFERTA DE EMPREGO | TERAPEUTA OCUPACIONAL
Dende o CDR O Viso buscamos incorporar unha persoa terapeuta ocupacional para unha substitución temporal.
? Funcións principais:
• Deseño e desenvolvemento de intervencións de terapia ocupacional.
• Acompañamento ás persoas usuarias, favorecendo a súa autonomía e benestar.
• Valoración das necesidades e capacidades das persoas.
• Participación na planificación e desenvolvemento das actividades do centro.
• Traballo coordinado co equipo competente.
? Que buscamos?
Unha persoa con formación en Terapia Ocupacional, capacidade de traballo en equipo, iniciativa e sensibilidade para acompañar as persoas desde a proximidade e o respecto á súa autonomía.
? Lugar de traballo: Lodoselo (Sarreaus, Ourense)
? Modalidade: substitución temporal
? Incorporación: Inmediata
? Xornada: completa, 40 horas semanais
Se cres que podes encaixar no posto ou coñeces a alguén a quen lle poida interesar, agradecemos que compartas esta oferta.
? As persoas interesadas poden enviar o seu CV a:
[email protected]
📌 Terapeuta ocupacional (España)
🏢 CDR O Viso
📍 España