En Zoonort, S.L. buscamos incorporar un/unha CONTABLE ADMINISTRATIVO/A ao noso equipo.
Centro de traballo: Mosteiro – Pol (Lugo) Buscamos unha persoa organizada, responsable e con experiencia na área administrativa e contable, que queira incorporarse a unha empresa consolidada e seguir desenvolvéndose profesionalmente connosco.
Principais funcións: - Xestión administrativa e contable do día a día da empresa.
- Atención telefónica - Rexistro e control de facturas de provedores e clientes.
- Contabilización de operacións, bancos e conciliacións bancarias.
- Seguimento de cobros e pagamentos.
- Control e arquivo da documentación administrativa.
- Apoio noutras tarefas propias do departamento de administración.
Que buscamos?
- Formación relacionada con Administración, Contabilidade, Finanzas ou similar.
- Experiencia previa en postos administrativos-contables.
- Bo manexo de ferramentas informáticas e programas de xestión.
- Capacidade de organización, rigor e atención ao detalle.
- Autonomía, responsabilidade e capacidade para traballar en equipo.
Que ofrecemos?
Incorporación a unha empresa estable e consolidada.
Posto con continuidade e posibilidades de desenvolvemento.
Horario flexible.
Posibilidade de teletraballo parcial.
Salario a acordar segundo experiencia, coñecementos e valía profesional.
Bo ambiente de traballo e integración nun equipo próximo e profesional.
Se tes experiencia no ámbito administrativo-contable e buscas un proxecto fiable no que poder aportar e seguir medrando, estaremos encantados de coñecerte.
Envíanos o teu CV por mensaxe privada ou ó correo electrónico ******
📌 Contable Administrativo/A (La Coruña)
🏢 Zoonort
📍 La Coruña
Postulate a este anuncio
Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.