En Zoonort, S.L. buscamos incorporar un/unha CONTABLE ADMINISTRATIVO/A ao noso equipo.
Centro de traballo: Mosteiro – Pol (Lugo) Buscamos unha persoa organizada, responsable e con experiencia na área administrativa e contable, que queira incorporarse a unha empresa consolidada e seguir desenvolvéndose profesionalmente connosco.
Principais funcións: Xestión administrativa e contable do día a día da empresa.
Atención telefónica Rexistro e control de facturas de provedores e clientes.
Contabilización de operacións, bancos e conciliacións bancarias.
Seguimento de cobros e pagamentos.
Control e arquivo da documentación administrativa.
Apoio noutras tarefas propias do departamento de administración.
Que buscamos?
• Formación relacionada con Administración, Contabilidade, Finanzas ou similar.
• Experiencia previa en postos administrativos-contables.
• Bo manexo de ferramentas informáticas e programas de xestión.
• Capacidade de organización, rigor e atención ao detalle.
• Autonomía, responsabilidade e capacidade para traballar en equipo.
Que ofrecemos?
? Incorporación a unha empresa estable e consolidada.
? Posto con continuidade e posibilidades de desenvolvemento.
? Horario flexible.
? Posibilidade de teletraballo parcial.
? Salario a acordar segundo experiencia, coñecementos e valía profesional.
? Bo ambiente de traballo e integración nun equipo próximo e profesional.
Se tes experiencia no ámbito administrativo-contable e buscas un proxecto sólido no que poder aportar e seguir medrando, estaremos encantados de coñecerte.
Envíanos o teu CV por mensaxe privada ou ó correo electrónico ******
📌 Contable Administrativo/A (Deza)
🏢 Zoonort
📍 Deza