? En Zoonort, S.L. buscamos incorporar un/unha CONTABLE ADMINISTRATIVO/A ao noso equipo.
? Centro de traballo: Mosteiro – Pol (Lugo)
Buscamos unha persoa organizada, responsable e con experiencia na área administrativa e contable, que queira incorporarse a unha empresa consolidada e seguir desenvolvéndose profesionalmente connosco.
Principais funcións:
- Xestión administrativa e contable do día a día da empresa.
- Atención telefónica
- Rexistro e control de facturas de provedores e clientes.
- Contabilización de operacións, bancos e conciliacións bancarias.
- Seguimento de cobros e pagamentos.
- Control e arquivo da documentación administrativa.
- Apoio noutras tarefas propias do departamento de administración.
Que buscamos?
• Formación relacionada con Administración, Contabilidade, Finanzas ou similar.
• Experiencia previa en postos administrativos-contables.
• Bo manexo de ferramentas informáticas e programas de xestión.
• Capacidade de organización, rigor e atención ao detalle.
• Autonomía, responsabilidade e capacidade para traballar en equipo.
Que ofrecemos?
✅ Incorporación a unha empresa estable e consolidada.
✅ Posto con continuidade e posibilidades de desenvolvemento.
✅ Flexibilidad horaria.
✅ Posibilidade de teletraballo parcial.
✅ Salario a acordar segundo experiencia, coñecementos e valía profesional.
✅ Bo ambiente de traballo e integración nun equipo próximo e profesional.
Se tes experiencia no ámbito administrativo-contable e buscas un proxecto estable no que poder aportar e seguir medrando, estaremos encantados de coñecerte.
? Envíanos o teu CV por mensaxe privada ou ó correo electrónico
[email protected]
📌 Contable Administrativo/a (Mosteiro)
🏢 Zoonort
📍 Mosteiro