? En Zoonort, S.L. buscamos incorporar un/unha CONTABLE ADMINISTRATIVO/A ao noso equipo.? Centro de traballo: Mosteiro – Pol (Lugo)Buscamos unha persoa organizada, responsable e con experiencia na área administrativa e contable, que queira incorporarse a unha empresa consolidada e seguir desenvolvéndose profesionalmente connosco.Principais funcións:- Xestión administrativa e contable do día a día da empresa.- Atención telefónica- Rexistro e control de facturas de provedores e clientes.- Contabilización de operacións, bancos e conciliacións bancarias.- Seguimento de cobros e pagamentos.- Control e arquivo da documentación administrativa.- Apoio noutras tarefas propias do departamento de administración.Que buscamos?
- Formación relacionada con Administración, Contabilidade, Finanzas ou similar.
- Experiencia previa en postos administrativos-contables.
- Bo manexo de ferramentas informáticas e programas de xestión.
- Capacidade de organización, rigor e atención ao detalle.
- Autonomía, responsabilidade e capacidade para traballar en equipo.Que ofrecemos?✅ Incorporación a unha empresa estable e consolidada.✅ Posto con continuidade e posibilidades de desenvolvemento.✅ Flexibilidad horaria.✅ Posibilidade de teletraballo parcial.✅ Salario a acordar segundo experiencia, coñecementos e valía profesional.✅ Bo ambiente de traballo e integración nun equipo próximo e profesional.Se tes experiencia no ámbito administrativo-contable e buscas un proxecto estable no que poder aportar e seguir medrando, estaremos encantados de coñecerte.? Envíanos o teu CV por mensaxe privada ou ó correo electrónico