Queres traballar en reizentolo Gran Vía Vigo?
En reizentolo estamos a buscar novas incorporacións por cobertura de vacacións e sustitucións, e xa preparando a tempada de Nadal
Se che gusta o trato coa xente, tes actitude e sentido do humor… segue a ler!
QUE BUSCAMOS?
- Xente extrovertida e sociable, resolutiva e con iniciativa.
- Imprescindible coñecemento en retranca galega e sentido do humor.
- Valoraremos positivamente o sentidiño tamén
- Experiencia en atención ao cliente, preferiblemente en comercio.
- Control no manexo de programas de cobro de caixa.
- Dispoñibilidade inmediata.
- Imprescindible coñecemento do idioma galego
QUE OFRECEMOS?
- Contrato de 20 horas semanais.
- Dispoñibilidade para traballar de luns a sábado
- Turnos continuos e rotativos de mañá ou tarde cos seus descansos establecidos.
- Horario da tenda 10:00 a 22:00.
- Turno de mañá 10:00 a 16:30 | Turno de tarde 16:30 a 22:00
- Posibilidade de incorporación tamén para a campaña de Nadal.
Interésache?
Se cres que podes encaixar, inscríbete nesta oferta
ou envía un mail co asunto GRAN VÍA a
[email protected]
E se coñeces a alguén que encaixe… comparte!
#Emprego #Vigo #Traballo #Hiring #Reizentolo
Sueldo: 650,00€-750,00€ al mes
Ubicación del trabajo: Empleo presencial
📌 Dependente para stand reizentolo Gran Vía (Vigo)
🏢 REI ZENTOLO
📍 Vigo