17 sep
|
Osventos Innovación e servizos
|
Santiago de Compostela
17 sep
Osventos Innovación e servizos
Santiago de Compostela
Buscamos Monitor/a para traballar nos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, para formar parte dun equipo vibrante e comprometido coa calidade do ocio e o tempo libre en contextos diversos: dende campamentos de verán ata actividades con persoas maiores.
Necesitamos persoal comprometido para desempeñar actividades de distinta índole:
Actividades para nenos/as: dende reforzo socioeducativo a propostas lúdicas con valor educativo.
Actividades deportivas: ximnasia de mantemento, baile galego, baile en liña...
Actividades para persoas maiores: memoria e estimulación cognitiva, espazo de coloquio, actividades dirixidas...
Ocio e tempo libre: dende actividades creativas a obradoiros de pandeireta, ciencia, pintura...
Informática: manexo e uso do móbil,
redes sociais, identidade dixital, novas tecnoloxías...
Este posto ofrece a oportunidade de crecer profesionalmente nun entorno dinámico onde valoramos a creatividade, a empatía e a capacidade resolutiva.
Valorarase positivamente dispor de experiencia relacionada co posto de traballo ou en roles similares.
É imprescindible es en posesión de titulación oficial ou certificación en áreas relacionadas coa animación, educación non formal, deporte ou tempo libre.
Dispoñibilidade de incorporación para o 5 de outubro.
📌 MONITOR/A - SANTIAGO DE COMPOSTELA
🏢 Osventos Innovación e servizos
📍 Santiago de Compostela