En VermisLAB cremos que a mellor forma de aprender é construíndo, experimentando e equivocándose.
Cada semana o noso alumnado deseña robots, programa videoxogos, constrúe máquinas, fabrica inventos e descobre como funciona o mundo creando coas súas propias mans. Pero, sobre todo, aprende a pensar e a resolver problemas nun espazo seguro e divertido.
Nestes momentos queremos incorporar unha persoa máis ao noso equipo docente para seguir medrando.
Non buscamos a persoa que máis saiba de robótica.
Buscamos alguén que disfrute traballando con nenos e nenas.
Unha persoa organizada, responsable, con iniciativa e moitas ganas de aprender.
- Participar no deseño de novos obradoiros e proxectos.
- Aprender continuamente novas ferramentas, tecnoloxías e metodoloxías educativas.
En VermisLAB cremos que a mellor forma de aprender é construíndo, experimentando e equivocándose.
Cada semana o noso alumnado deseña robots, programa videoxogos, constrúe máquinas, fabrica inventos e descobre como funciona o mundo creando coas súas propias mans. Pero, sobre todo,
aprende a pensar e a resolver problemas nun espazo confiable e divertido.
Nestes momentos queremos incorporar unha persoa máis ao noso equipo docente para seguir medrando.
A quen buscamos?
Non buscamos a persoa que máis saiba de robótica.
Buscamos alguén que disfrute traballando con nenos e nenas.
Unha persoa organizada, responsable, con iniciativa e moitas ganas de aprender.
Se sabes conectar cos nenos e nenas, nós axudarémosche a aprender o resto.
Que farás?
- Impartir a actividade de makers a grupos reducidos.
- Acompañar a nenos e nenas mentres constrúen proxectos que solucionen problemas reais.
- Preparar materiais e manter a aula organizada.
- Adaptar as actividades ás necesidades de cada grupo.
- Participar no deseño de novos obradoiros e proxectos.
- Aprender continuamente novas ferramentas, tecnoloxías e metodoloxías educativas.