12 sep
|
ONG Mestura
|
Órdenes
12 sep
ONG Mestura
Órdenes
País
España
Provincia
Ordes - A Coruña
Fecha límite Inscripción
08/12/2026
Categoría
Atención Directa, Gestión de Proyectos
Información de la ONG
ONG Mestura
Valoración
(0 valoraciones) info
% de respuesta: 86,78% info
Objetivo
Profesional de orientación laboral para a atención e acompañamento de persoas migrantes, co obxectivo de favorecer a súa inclusión sociolaboral, autonomía e acceso ao mercado laboral.
A persoa seleccionada desenvolverá procesos de orientación laboral individualizada, realizando diagnósticos de empregabilidade, identificación de competencias, intereses e necesidades, así como o deseño e seguimento de itinerarios personalizados de inserción e mellora da empregabilidade.
Entre as súas funcións estará tamén informar e orientar sobre recursos de emprego e formación, apoiar na definición do obxectivo competente, na procura activa de emprego, na elaboración e actualización do currículo, na inscrición en portais de emprego e na preparación de entrevistas e procesos de selección.
Así mesmo, participará no deseño,
organización e impartición de accións formativas e talleres grupais destinados á mellora das competencias profesionais, dixitais e sociolaborais das persoas participantes, favorecendo o seu coñecemento do mercado laboral e dos recursos existentes.
Perfil:
Buscamos unha persoa comprometida, dinámica e con motivación para traballar con persoas migrantes, que mostre interese polo ámbito da orientación laboral e a inclusión sociolaboral.
Valorarase especialmente:
Actitude proactiva e compromiso co traballo, con disposición para implicarse no acompañamento das persoas participantes e no desenvolvemento do programa.
Motivación e ganas de aprender, con capacidade para adquirir novos coñecementos, ferramentas e metodoloxías de traballo.
Persoa aberta, empática e con habilidades de comunicación, capaz de establecer relacións de confianza con persoas de diferentes procedencias e realidades.
Capacidade de adaptación e flexibilidad
📌 Técnico/a de intervención (Órdenes)
🏢 ONG Mestura
📍 Órdenes