11 sep
|
ONG Mestura
|
Órdenes
11 sep
ONG Mestura
Órdenes
País
España
Provincia
Ordes - A Coruña
Fecha límite Inscripción
08/12/2026
Categoría
Atención Directa, Gestión de Proyectos
Información de la ONG
ONG Mestura
Valoración
(0 valoraciones) info
% de respuesta: 86,78% info
Objetivo
Competente de orientación laboral para a atención e acompañamento de persoas migrantes, co obxectivo de favorecer a súa inclusión sociolaboral, autonomía e acceso ao mercado laboral.
A persoa seleccionada desenvolverá procesos de orientación laboral individualizada, realizando diagnósticos de empregabilidade, identificación de competencias, intereses e necesidades, así como o deseño e seguimento de itinerarios personalizados de inserción e mellora da empregabilidade.
Entre as súas funcións estará tamén informar e orientar sobre recursos de emprego e formación, apoiar na definición do obxectivo profesional, na procura activa de emprego, na elaboración e actualización do currículo, na inscrición en portais de emprego e na preparación de entrevistas e procesos de selección.
Así mesmo, participará no deseño, organización e impartición de accións formativas e talleres grupais destinados á mellora das competencias profesionais, dixitais e sociolaborais das persoas participantes, favorecendo o seu coñecemento do mercado laboral e dos recursos existentes.
Perfil:
Buscamos unha persoa comprometida, dinámica e con motivación para traballar con persoas migrantes, que mostre interese polo ámbito da orientación laboral e a inclusión sociolaboral.
Valorarase especialmente:
Actitude proactiva e compromiso co traballo, con disposición para implicarse no acompañamento das persoas participantes e no desenvolvemento do programa.
Motivación e ganas de aprender, con capacidade para adquirir novos coñecementos, ferramentas e metodoloxías de traballo.
Persoa aberta, empática e con habilidades de comunicación, capaz de establecer relacións de confianza con persoas de diferentes procedencias e realidades.
Capacidade de adaptación e flexibilidade ante diferentes situacións e necesidades.
Capacidade para traballar de maneira autónoma e en equipo, así como para coordinarse con diferentes profesionais, entidades e recursos.
Capacidade de organización e planificación, especialmente para o seguimento de itinerarios individualizados, actividades e xestión documental.
Coñecementos de ofimática e ferramentas dixitais, especialmente contorna Google, correo electrónico, procesadores de texto, follas de cálculo e ferramentas colaborativas.
Valorarase o coñecemento de portais de emprego, recursos de formación e ferramentas de procura activa de emprego.
Dispoñibilidade para desprazarse pola provincia, tanto para o desenvolvemento de actividades.
Valorarase positivamente o coñecemento de idiomas e a experiencia previa no ámbito social, laboral, formativo ou comunitario.
Sensibilidade e compromiso cos valores de igualdade de oportunidades, diversidade, interculturalidade e inclusión social.
Requisitos imprescindibles:
Titulación ou formación relacionada co ámbito da intervención social, orientación laboral, emprego ou similares.
Experiencia ou coñecementos vinculados á atención e acompañamento de persoas.
Competencias dixitais básicas e manexo de ferramentas ofimáticas.
Dispoñibilidade para realizar desprazamentos dentro da provincia
Capacidade de traballo en equipo, organización e comunicación.
Motivación para traballar con persoas migrantes e interese polo ámbito da orientación laboral.
Competencias:
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Organización y planificación, Fiabilidad técnica y personal, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Diplomacia y “saber estar”
Nivel:
Empleado
Tipo de contrato:
Jornada completa
Duración:
De 6 meses a 1 año
Salario:
Entre 18.001 y 24.000 € bruto/anual
Estudios mínimos:
Formación Profesional Grado Superior
Experiencia mínima:
Al menos 2 años
Fecha de inicio:
10/09/2026
Nº de vacantes:
1
📌 Técnico/a de intervención (Órdenes)
🏢 ONG Mestura
📍 Órdenes