· Valoración inicial e seguimento: avaliar as capacidades físicas, cognitivas, emocionais e sociais, así como as dificultades para realizar as actividades da vida diaria.
· Adestramento en actividades da vida diaria (AVD): traballar habilidades como vestirse, asearse, comer, manexar cartos, utilizar o teléfono ou organizar rutinas.
· Prevención da perda de autonomía: deseñar actividades para conservar as capacidades.
· Estimulación cognitiva: realizar actividades orientadas á memoria, atención, orientación, linguaxe, razoamento e funcións executivas.
· Traballo da motricidade: exercicios e actividades para manter a coordinación, forza, mobilidade e destreza manual.
· Adaptación de tarefas e contorno.
· Recomendación de produtos de apoio: valorar a necesidade de utensilios ou adaptacións que faciliten as actividades cotiás.
· Actividades significativas e de lecer:
organizar talleres e actividades relacionadas cos intereses das persoas, favorecendo a participación e o benestar.
· Participación social: fomentar as relacións interpersoais, a integración no grupo e a participación na comunidade.
· Prevención e intervención ante dificultades funcionais: actuar para evitar o deterioro ou compensar as capacidades que se van perdendo.
· Traballo coa familia e co equipo cualificado.
· Elaboración e seguimento de plans individualizados: establecer obxectivos terapéuticos adaptados ás necesidades e capacidades de cada persoa.
. Rexistro e avaliación: documentar a evolución da persoa e valorar a eficacia das intervencións.