Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)

Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)

10 sep
|
VermisLAB
|
Santiago de Compostela

10 sep

VermisLAB

Santiago de Compostela

En VermisLAB cremos que a mellor forma de aprender é construíndo, experimentando e equivocándose.
Cada semana o noso alumnado deseña robots, programa videoxogos, constrúe máquinas, fabrica inventos e descobre como funciona o mundo creando coas súas propias mans. Pero, sobre todo, aprende a pensar e a resolver problemas nun espazo protegido e divertido.
Nestes momentos queremos incorporar unha persoa máis ao noso equipo docente para seguir medrando.
A quen buscamos?
Non buscamos a persoa que máis saiba de robótica.
Buscamos alguén que desfrute traballando con nenos e nenas.
Unha persoa organizada, responsable, con iniciativa e moitas ganas de aprender.
Se sabes conectar cos nenos e nenas, nós axudarémosche a aprender o resto.
Que farás?
Impartir a actividade de makers a grupos reducidos.
Acompañar a nenos e nenas mentres constrúen proxectos que solucionen problemas reais.
Preparar materiais e manter a aula organizada.
Adaptar as actividades ás necesidades de cada grupo.
Participar no deseño de novos obradoiros e proxectos.
Aprender continuamente novas ferramentas,



tecnoloxías e metodoloxías educativas.
Encantaríanos coñecerte se...
Desfrutas ensinando.
Che gusta construír cousas.
Es unha persoa curiosa.
Sabes traballar en equipo.
Tes iniciativa e autonomía.
Es organizada e responsable.
Adáptaste con facilidade a situacións novas.
Tes ganas de seguir aprendendo cada día.
Valoraremos especialmente
Formación en Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social ou FP Superior.
Experiencia con infancia ou adolescencia.
Experiencia con alumnado neurodiverxente.
Coñecementos de robótica educativa, programación, impresión 3D ou electrónica (aínda que non son imprescindibles).
Que ofrecemos?
Estabilidade laboral e a oportunidade de medrar nun proxecto a longo prazo.
Formar parte dun proxecto educativo innovador e en constante evolución.
Un equipo próximo, creativo e con moitas ganas de facer cousas diferentes.
Formación continua en metodoloxía maker e novas tecnoloxías.
Liberdade para pro

📌 Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)
🏢 VermisLAB
📍 Santiago de Compostela

Postulate a este anuncio

Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: profesor/a maker (santiago de compostela) / santiago de compostela

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: profesor/a maker (santiago de compostela) / santiago de compostela