Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)

Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)

09 sep
|
VermisLAB
|
Santiago de Compostela

09 sep

VermisLAB

Santiago de Compostela

En VermisLAB cremos que a mellor forma de aprender é construíndo, experimentando e equivocándose.

Cada semana o noso alumnado deseña robots, programa videoxogos, constrúe máquinas, fabrica inventos e descobre como funciona o mundo creando coas súas propias mans. Pero, sobre todo, aprende a pensar e a resolver problemas nun espazo seguro e divertido.

Nestes momentos queremos incorporar unha persoa máis ao noso equipo docente para seguir medrando.

A quen buscamos?Non buscamos a persoa que máis saiba de robótica.

Buscamos alguén que desfrute traballando con nenos e nenas.

Unha persoa organizada, responsable, con iniciativa e moitas ganas de aprender.

Se sabes conectar cos nenos e nenas, nós axudarémosche a aprender o resto.

Que farás?

- Impartir a actividade de makers a grupos reducidos.
- Acompañar a nenos e nenas mentres constrúen proxectos que solucionen problemas reais.
- Preparar materiais e manter a aula organizada.
- Adaptar as actividades ás necesidades de cada grupo.
- Participar no deseño de novos obradoiros e proxectos.
- Aprender continuamente novas ferramentas, tecnoloxías e metodoloxías educativas.

Encantaríanos coñecerte se...

- Desfrutas ensinando.
- Che gusta construír cousas.
- Es unha persoa curiosa.
- Sabes traballar en equipo.
- Tes iniciativa e autonomía.
- Es organizada e responsable.




- Adáptaste con facilidade a situacións novas.
- Tes ganas de seguir aprendendo cada día.

Valoraremos especialmente

- Formación en Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social ou FP Superior.
- Experiencia con infancia ou adolescencia.
- Experiencia con alumnado neurodiverxente.
- Coñecementos de robótica educativa, programación, impresión 3D ou electrónica (aínda que non son imprescindibles).

Que ofrecemos?

- Estabilidade laboral e a oportunidade de medrar nun proxecto a longo prazo.
- Formar parte dun proxecto educativo original e en constante evolución.
- Un equipo próximo, creativo e con moitas ganas de facer cousas diferentes.
- Formación continua en metodoloxía maker e novas tecnoloxías.
- Liberdade para propoñer ideas e desenvolver novos proxectos.

Se algunha vez pensaches que aprender debería parecerse máis a construír un foguete que a memorizar un libro... probablemente sintas que este é o teu sitio. ? Se che gustaría formar parte de VermisLAB, envíanos o teu CV* a [email protected] e cóntanos por que cres que encaixas con nós.

Estamos desexando coñecerte!

*Non se incluirán no proceso os CVs enviados a través de linkedin.

#OfertaDeEmprego #ProfesorMaker #EducaciónSTEAM #RobóticaEducativa #Neurodiversidade #Infancia #SantiagoDeCompostela #VermisLAB

📌 Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)
🏢 VermisLAB
📍 Santiago de Compostela

Postulate a este anuncio

Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: profesor/a maker (santiago de compostela) / santiago de compostela

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: profesor/a maker (santiago de compostela) / santiago de compostela