En Xesta abrimos un proceso de selección para incorporar unha nova persoa ao noso equipo contable e administrativo.
Somos unha asesoría fiscal, contable e laboral 100 % dixital, especializada en acompañar persoas autónomas e proxectos dos sectores artístico, artesanal, audiovisual, docente, da creación de contido e do emprendemento dixital.
Buscamos unha persoa que queira iniciar ou desenvolver a súa traxectoria profesional no ámbito da contabilidade e formarse dentro dunha asesoría cunha maneira de traballar próxima, práctica e dixital.
Principais funcións
A persoa seleccionada encargarase inicialmente de:
Revisar que as facturas e a documentación incorporadas pola clientela á nosa plataforma estean completas e correctamente rexistradas.
Apoiar nos procesos contables de persoas autónomas.
Colaborar nas tarefas de xestión administrativa do despacho.
Realizar outras tarefas específicas relacionadas co funcionamento diario da asesoría.
As responsabilidades contables aumentarán progresivamente a medida que a persoa adquira coñecementos, seguridade e autonomía.
Perfil que buscamos
Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
Estudos rematados nos últimos tres anos.
Non é preciso ter experiencia profesional previa neste ámbito.
Interese real pola contabilidade.
Actitude positiva, responsabilidade e disposición para aprender.
Atención ao detalle e facilidade para traballar con ferramentas dixitais.
Dominio do galego, tanto oral como escrito.
Condicións
Lugar de traballo: Barbadás.
Modalidade inicialmente presencial, coa posibilidade de valorar teletraballo parcial no futuro.
Xornada e horario: Xornada parcial de 8:30 a 14:30.
Tipo e duración do contrato: Contrato Formativo para a obtención da práctica cualificado.
Rango salarial: Entre 13.000€ e 15.000€.
Incorporación: Finais de setembro principios de outubro.
Buscamos unha persoa que queira aprender, asumir responsabilidades de maneira progresiva e medrar profesionalmente xunto ao equipo de Xesta.
As persoas interesada