Posto: Persoal para o servizo de información turística
Requisitos de titulación:
O persoal que preste os servizos de información e atención turística deberá contar con algunha das seguintes titulacións:
Grao en Turismo ou equivalente( MECES nível 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior e nível 6 do Marco Europeo de Cualificacións EQF)
Ciclo Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou equivalente ( referente europeo. CINE -5b).
Certificado de profesionalidade e promoción turística local e información ao visitante (Código HOTI0108 e HOT 336_3).
Funcións principais:
Atención ás persoas visitantes.
Facilitar información turística por distintas vías: presencial, telefónica, correo electrónico, web, etc.
Comercialización dos produtos turísticos.
Organización de visitas aos recursos turísticos.
Seguimento estatístico das visitas ao punto de información turística.
Realización de funcións administrativas internas: rexistro de usuarios/as, catalogación de folletos turísticos, solicitudes de material informativo, entre outras.
Organización de stands de turismo en feiras e asistencia ás mesmas.
Xestión da información turística e dos servizos dispoñibles para persoas peregrinas.
Difusión da información turística a outras entidades, sectores da poboación e axentes interesados.
Actualización da información turística na páxina web.
Coordinación con outros departamentos do concello para a difusión de información turística en eventos especiais ou programas.
Coordinación do grupo de voluntariado turístico.
Colaboración en proxectos de promoción turística do municipio.
Idiomas requiridos
Ademais deberán de estar en posesión, como mínimo, dos seguintes niveis de idiomas:
Galego: CELGA 4.
Inglés: B2
Horario previsto:
O servizo prestarase dende o 1 de xullo a o 30 de setembro de 2026, ambos incluídos.
Os días e horario de apertura serán:
Martes a sábados ( non festivos) de 11.00 h a 14:30 h e de 17:30 h a 20