23 ago
|
Xesta Asesoría
|
Barbadás
23 ago
Xesta Asesoría
Barbadás
En Xesta abrimos un proceso de selección para incorporar unha nova persoa ao noso equipo contable e administrativo.
Somos unha asesoría fiscal, contable e laboral 100 % dixital, especializada en acompañar persoas autónomas e proxectos dos sectores artístico, artesanal, audiovisual, docente, da creación de contido e do emprendemento dixital.
Buscamos unha persoa que queira iniciar ou desenvolver a súa traxectoria profesional no ámbito da contabilidade e formarse dentro dunha asesoría cunha maneira de traballar próxima, prática e dixital.
Principais funcións
A persoa seleccionada encargarase inicialmente de:
- Revisar que as facturas e a documentación incorporadas pola clientela á nosa plataforma estean completas e correctamente rexistradas.
- Colaborar nas tarefas de xestión administrativa do despacho.
As responsabilidades contables aumentarán progresivamente a medida que a persoa adquira coñecementos,
seguridade e autonomía.
- Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
- Non é preciso ter experiencia cualificado previa neste âmbito.
- Actitude positiva, responsabilidade e disposición para aprender.
- Atención ao detalle e facilidad para traballar con ferramentas dixitais.
Condicións
- Modalidade inicialmente presencial, coa posibilidade de valorar teletraballo parcial no futuro.
- Tipo e duración do contrato: Contrato Formativo para a obtención da práctica profesional.
- Incorporación: Finais de setembro principios de outubro.
Buscamos unha persoa que queira aprender, asumir responsabilidades de maneira progresiva e medrar profesionalmente xunto ao equipo de Xesta.
#J-18808-Ljbffr
📌 Técnicx contabilidade e administración - Barbadás, Galicia, Spain
🏢 Xesta Asesoría
📍 Barbadás