cremos que a mellor forma de aprender é construíndo, experimentando e equivocándose.
Cada semana o noso alumnado deseña robots, programa videoxogos, constrúe máquinas, fabrica inventos e descobre como funciona o mundo creando coas súas propias mans. Pero, sobre todo, aprende a pensar e a resolver problemas nun espazo seguro e divertido.
Nestes momentos queremos incorporar unha persoa máis ao noso equipo docente para seguir medrando.
A quen buscamos?
Non buscamos a persoa que máis saiba de robótica.
Buscamos alguén que desfrute traballando con nenos e nenas.
Unha persoa organizada, responsable, con iniciativa e moitas ganas de aprender.
Se sabes conectar cos nenos e nenas, nós axudarémosche a aprender o resto.
Que farás?
- Impartir a actividade de makers a grupos reducidos.
- Acompañar a nenos e nenas mentres constrúen proxectos que solucionen problemas reais.
- Preparar materiais e manter a aula organizada.
- Adaptar as actividades ás necesidades de cada grupo.
- Participar no deseño de novos obradoiros e proxectos.
- Aprender continuamente novas ferramentas,
tecnoloxías e metodoloxías educativas.
Encantaríanos coñecerte se...
- Desfrutas ensinando.
- Che gusta construír cousas.
- Es unha persoa curiosa.
- Sabes traballar en equipo.
- Tes iniciativa e autonomía.
- Es organizada e responsable.
- Adáptaste con facilidade a situacións novas.
- Tes ganas de seguir aprendendo cada día.
Valoraremos especialmente
- Formación en Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social ou FP Superior.
- Experiencia con infancia ou adolescencia.
- Experiencia con alumnado neurodiverxente.
- Coñecementos de robótica educativa, programación, impresión 3D ou electrónica (aínda que non son imprescindibles).
Que ofrecemos?
- Estabilidade laboral e a oportunidade de medrar nun proxecto a longo prazo.
- Formar parte dun proxecto educativo creativo e en constante evolución.
- Un equipo próximo, creativo e con moitas ganas de facer cousas diferentes.
- Formación continua en m
📌 Profesor/a Maker (Santiago de Compostela)
🏢 VermisLAB
📍 Santiago de Compostela
Postulate a este anuncio
Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.