? Queres traballar en reizentolo Ourense? ??
En reizentolo estamos a buscar unha nova incorporación para a nosa tenda da rúa Santo Domingo por cobertura de vacacións.
Se che gusta o trato coa xente, tes actitude e sentido do humor… segue a ler ?
? QUE BUSCAMOS?
- Xente extrovertida e sociable, resolutiva e con iniciativa.
- Imprescindible coñecemento en retranca galega e sentido do humor.
- Valoraremos positivamente o sentidiño tamén ?
- Experiencia en atención ao cliente, preferiblemente en comercio.
- Control no manexo de programas de cobro de caixa.
- Dispoñibilidade para traballar en horario rotativo.
? QUE OFRECEMOS?
- Contrato de 38,5 horas semanais.
- Dispoñibilidade para traballar de luns a sábado.
- Horario de
10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30
- Data de incorporación 13 de agosto e ata o 16 de setembro
- Salario según convenio.
? Interésache?
Se cres que podes encaixar, inscríbete nesta oferta ou envíanos o teu CV a:
✉️
[email protected]
? Asunto: CV OURENSE
✨ E se coñeces a alguén que encaixe… comparte
Emprego #Ourense #Traballo #Hiring #Reizentolo
📌 Dependente de tenda (Ourense)
🏢 REI ZENTOLO
📍 Ourense