07/07/2026 | Oferta de emprego
Convocatoria:
Número de prazas: 1 | Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4). Xornada: Tempo completo (37.5 horas/semana). Data probable de inicio: 01/10/2026. Duración do contrato: 16 meses. Salario bruto mensual 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo). Categoría laboral: Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF).
- Traballo a Realizar
- Realización da tese de doutoramento relacionada coa integración de datos xeoespaciais de condición.
- Requisitos
- Grao en Enxeñaría Xeomática ou Xeografía.
- Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato.
- Méritos a valorar
- Expediente académico do grao en Enxeñaría Xeomática ou Xeografía (30 puntos).
- Mestrado e outra formación debidamente acreditada relacionados coas tarefas do contrato (20 puntos).
- Experiencia investigadora e CV relacionados coas tarefas do contrato (35 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
- Comité avaliador
- Presidente: Mercedes Solla Carracelas.
- Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila a.
- Vogal: Jesús Balado Frías.
- Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: o 21 de xullo de 2026.
📌 1026-182934 Contrato predoutoral (España)
🏢 CINTECX
📍 España
Postulate a este anuncio
Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.