13 ago
|
Fundación Educativa e Social Dignidade
|
Lugo
13 ago
Fundación Educativa e Social Dignidade
Lugo
Buscamos persoa titulada en Traballo Social para o CIEMA Lugo, recurso especializado en executar medidas en medio aberto con menores infractores da Provincia de Lugo
Funcións principais
- Avaliar a situación sociofamiliar da persoa menor e elaborar os informes vinculados á medida xudicial.
- Informar e orientar á persoa menor e á súa familia sobre recursos e axudas sociais, facilitando o acceso á rede comunitaria.
- Deseñar e coordinar itinerarios formativos e de inserción sociolaboral, así como programas de mellora da empregabilidade.
- Tramitar documentación e permisos administrativos, e xestionar a acreditación persoal ante organismos competentes.
- Coordinarse con servizos sociais, entidades públicas e recursos comunitarios, especialmente en situacións de vulnerabilidade.
- Ofrecer apoio técnico ao equipo do CIEMA durante o proceso da intervención educativa.
- Xestionar o Plan de Voluntariado
- Favorecer a integración social da persoa menor,
reforzando as súas competencias persoais, sociais e familiares.
Requisitos
- Diplomatura ou Grao en Traballo Social.
- Coñecementos de informática a nível usuario.
- Carné de conducir.
- Certificado negativo do Rexistro Central de Delitos de Natureza Sexual.
- Dominio do galego oral e escrito.
Actitudes, habilidades e rasgos persoais
- Capacidade para transmitir confianza, empatía, proximidade e estabilidade.
- Tolerancia ao estrés e á frustración.
- Actitude aberta e respectuosa cara ás diferenzas individuais.
- Discreción, prudencia e capacidade de toma de decisións e negociación.
- Capacidade para aprender e formarse de maneira continua.
- Capacidade para traballar en equipo.
- Habilidade para elaborar documentación.
- Capacidade para afrontar intervencións en situacións de crise.
📌 Persoa Titulada en Traballo Social (Lugo)
🏢 Fundación Educativa e Social Dignidade
📍 Lugo