09 ago
|
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
|
Vigo
09 ago
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Vigo
En Grupo Anaya buscamos un/ha Editor/a de Adquisición Infantil (Edición Xeral), comprometido/a coa identificación, selección e desenvolvemento de proxectos editoriais de calidade para o público infantil, para incorporarse ao equipo de Xerais.
Se cres na importancia da literatura infantil e xuvenil como ferramenta para formar lectoras e lectores, desfrutas traballando con autoras, autores, ilustradoras e ilustradores, e te motiva descubrir e impulsar obras que contribúan ao desenvolvemento da cultura galega, queremos coñecerte
Funcións principais:
Selección de títulos de literatura galega e, máis puntualmente, internacionais para o catálogo de Xerais.
Interlocución e negociación coas autoras e autores da literatura infantil galega.
Interlocución e negociación coas ilustradoras e ilustradores da literatura infantil galega.
Interlocución e negociación das ofertas de contratación coas axencias literarias.
Preparación de contidos, críticas e paratextos sobre as obras seleccionadas para eventos, para foros de literatura infantil e xuvenil,
para promoción e para a elaboración dos plans de lectura.
Coordinación do equipo de valoración dos orixinais recibidos.
Participación en foros de difusión, divulgación, debate e crítica en representación dos libros de literatura infantil galega do catálogo de Xerais, así como asistencia a presentacións, eventos e feiras.
Seguimento do mercado editorial para detectar oportunidades e tendencias.
Participación na elaboración do plan editorial de Xerais e na consecución dos obxectivos editoriais.
Coordinación co departamentos de comunicación, márketing e comercial para asegurar o bo resultado dos lanzamentos desde o coñecemento profundo dos textos, da súa oportunidade e do seu valor dentro da literatura infantil galega.
Adscrición dos libros por franxas de idade seguindo criterios pedagóxicos.
Requisitos:
Grao universitario que teña a máxima relación coa literatura infantil e xuvenil, a súa aplicación pegadóxica e o seu contexto.
Coñeceme
📌 Editor/a Adquisición Infantil Xerais (Vigo)
🏢 EDICIONS XERAIS DE GALICIA
📍 Vigo