Técnicx contabilidade e administración (Barbadás)

Técnicx contabilidade e administración (Barbadás)

07 ago
|
Xesta Asesoría
|
Barbadás

07 ago

Xesta Asesoría

Barbadás

En Xesta abrimos un proceso de selección para incorporar unha nova persoa ao noso equipo contable e administrativo.

Somos unha asesoría fiscal, contable e laboral 100 % dixital, especializada en acompañar persoas autónomas e proxectos dos sectores artístico, artesanal, audiovisual, docente, da creación de contido e do emprendemento dixital.

Buscamos unha persoa que quiera iniciar ou desenvolver a súa traxectoria cualificado no ámbito da contabilidad e formarse dentro dunha asesoría cunha maneira de traballar próxima, práctica e dixital.

Principais funcións

A persoa seleccionada encargarase inicialmente de:

- Revisar que as facturas e a documentación incorporadas pola clientela á nosa plataforma estean completas e correctamente rexistradas.
- Apoiar nos procesos contables de persoas autónomas.
- Colaborar nas tarefas de xestión administrativa do despacho.
- Realizar outras tarefas específicas relacionadas co funcionamento diario da asesoría.

As responsabilidades contables aumentarán progresivamente a medida que a persoa adquira coñecementos, seguridade e autonomía.

Perfil que buscamos





- Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
- Estudos rematados nos últimos tres anos.
- Non é preciso ter experiencia profesional previa neste ámbito.
- Interese real pola contabilidade.
- Actitude positiva, responsabilidade e disposición para aprender.
- Atención ao detalle e facilidade para traballar con ferramentas dixitais.
- Dominio do galego, tanto oral como escrito.

Condicións

- Lugar de traballo: Barbadás.
- Modalidade inicialmente presencial, coa posibilidade de valorar teletraballo parcial no futuro.
- Xornada e horario: Xornada parcial de 8:30 a 14:30.
- Tipo e duración do contrato: Contrato Formativo para a obtención da práctica profesional.
- Rango salarial: Entre 13.000€ e 15.000€.
- Incorporación: Finais de setembro principios de outubro.

Buscamos unha persoa que queira aprender, asumir responsabilidades de maneira progresiva e medrar profesionalmente xunto ao equipo de Xesta.

#J-18808-Ljbffr

📌 Técnicx contabilidade e administración (Barbadás)
🏢 Xesta Asesoría
📍 Barbadás

Postulate a este anuncio

Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: técnicx contabilidade e administración (barbadás) / barbadás

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: técnicx contabilidade e administración (barbadás) / barbadás