Editor/A Adquisición Infantil Xerais (Edición Xeral) (Vigo)

Editor/A Adquisición Infantil Xerais (Edición Xeral) (Vigo)

03 ago
|
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
|
Vigo

03 ago

EDICIONS XERAIS DE GALICIA

Vigo

En Grupo Anaya buscamos un/ha Editor/a de Adquisición Infantil (Edición Xeral), comprometido/a coa identificación, selección e desenvolvemento de proxectos editoriais de calidade para o público infantil, para incorporarse ao equipo de Xerais.
Se cres na importancia da literatura infantil e xuvenil como ferramenta para formar lectoras e lectores, desfrutas traballando con autoras, autores, ilustradoras e ilustradores, e te motiva descubrir e impulsar obras que contribúen ao desenvolvemento da cultura galega, queremos coñecerte!
Funcións principais:
Selección de títulos de literatura galega e, máis puntualmente, internacionais para o catálogo de Xerais.
Interlocución e negociación coas autoras e autores da literatura infantil galega.
Interlocución e negociación coas ilustradoras e ilustradores da literatura infantil galega.
Interlocución e negociación das ofertas de contratación coas axencias literarias.
Preparación de contidos, críticas e paratextos sobre as obras seleccionadas para eventos, para foros de literatura infantil e xuvenil, para promoción e para a elaboración dos plans de lectura.
Coordinación do equipo de valoración dos orixinais recibidos.
Participación en foros de difusión, divulgación, debate e crítica en representación dos libros de literatura infantil galega do catálogo de Xerais, así como asistencia a presentacións, eventos e feiras.
Seguimento do mercado editorial para detectar oportunidades e tendencias.
Participación na elaboración do plan editorial de Xerais e na consecución dos obxectivos editoriais.
Coordinación co departamentos de comunicación, márketing e comercial para asegurar o bo resultado dos lanzamentos desde o coñecemento profundo dos textos, da súa oportunidade e do seu valor dentro da literatura infantil galega.




Adscrición dos libros por franxas de idade seguindo criterios pedagóxicos.
Requisitos:
Grao universitario que teña a máxima relación coa literatura infantil e xuvenil, a súa aplicación pegadóxica e o seu entorno.
Coñecemento, o máis amplo posible, da literatura infantil e xuvenil galega e da literatura infantil e xuvenil en xeral, así como do desenvolvemento do seu relato e referentes.
Capacidade de interlocución e coñecemento das autoras e autores da literatura infantil e xuvenil galega.
Capacidade de interloución e coñecemento dos ilustradores e ilustradoras da edición infantil galega.
Mínimo de 3 anos de experiencia en mediación lectora e/ou en difusión da lectura infantil e xuvenil, así como coñecemento da asignación lectora por tramos de idades.
Experiencia demostrable en participación en foros, eventos, acontecementos ou calquera tipo de parlamento da literatura infantil e xuvenil galega.
Coñecemento e/ou experiencia na edición infantil e xuvenil galega.
Competencias principal
Paixón pola literatura infantil e xuvenil.
Capacidade crítica e valorativa das obras da literatura infantil e xuvenil galega.
Capacidade resolutiva e de traballo en equipo.
Capacidade creativa e de redacción de textos.
Excelentes habilidades de comunicación e negociación.
Capacidade organizativa e de coordinación.
¿Que ofrecemos?
Incorporación inmediata.
Contrato indefinido.
Flexibilidade horaria e modelo híbrido.
Formación continua.
Bo ambiente de traballo e cultura orientada ás persoas.
En Grupo Anaya estamos firmemente comprometidos coa diversidade dos nosos equipos e coa creación dun contorno inclusivo no que todas as persoas poidan prosperar e desenvolverse. Aspiramos a formar equipos que reflictan a pluralidade dos mercados aos que damos servizo e fomentamos a presentación de candidaturas de calquera persoa, sexa cal sexa a súa orixe ou traxectoria.
#J-18808-Ljbffr

📌 Editor/A Adquisición Infantil Xerais (Edición Xeral) (Vigo)
🏢 EDICIONS XERAIS DE GALICIA
📍 Vigo

Postulate a este anuncio

Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: editor/a adquisición infantil xerais (edición xeral) (vigo) / vigo

Suscribete a esta alerta:

Recibe por email las nuevas ofertas de trabajo para: editor/a adquisición infantil xerais (edición xeral) (vigo) / vigo