31 jul
|
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
|
Vigo
31 jul
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Vigo
En Grupo Anaya buscamos un/ha Editor/a de Adquisición Infantil (Edición Xeral), comprometido/a coa identificación, selección e desenvolvemento de proxectos editoriais de calidade para o público infantil, para incorporarse ao equipo de Xerais.
Se cres na importancia da literatura infantil e xuvenil como ferramenta para formar lectoras e lectores, desfrutas traballando con autoras, autores, ilustradoras e ilustradores, e te motiva descubrir e impulsar obras que contribúen ao desenvolvemento da cultura galega, queremos coñecerte!
Funcións principais:
- Selección de títulos de literatura galega e, máis puntualmente, internacionais para o catálogo de Xerais.
- Interlocución e negociación coas autoras e autores da literatura infantil galega.
- Interlocución e negociación coas ilustradoras e ilustradores da literatura infantil galega.
- Interlocución e negociación das ofertas de contratación coas axencias literarias.
- Preparación de contidos, críticas e paratextos sobre as obras seleccionadas para eventos, para foros de literatura infantil e xuvenil, para promoción e para a elaboración dos plans de lectura.
- Coordinación do equipo de valoración dos orixinais recibidos.
- Participación en foros de difusión, divulgación, debate e crítica en representación dos libros de literatura infantil galega do catálogo de Xerais, así como asistencia a presentacións, eventos e feiras.
- Seguimento do mercado editorial para detectar oportunidades e tendencias.
- Participación na elaboración do plan editorial de Xerais e na consecución dos obxectivos editoriais.
- Coordinación co departamentos de comunicación, márketing e comercial para asegurar o bo resultado dos lanzamentos desde o coñecemento profundo dos textos, da súa oportunidade e do seu valor dentro da literatura infantil galega.
- Adscrición dos libros por franxas de idade seguindo criterios pedagóxicos.
Requisitos:
- Grao universitario que teña a máxima relación coa literatura infantil e xuvenil, a súa aplicación pegadóxica e o seu contexto.
- Coñecemento, o máis amplo posible, da literatura infantil e xuvenil galega e da literatura infantil e xuvenil en xeral, así como do desenvolvemento do seu relato e referentes.
- Capacidade de interlocución e coñecemento das autoras e autores da literatura infantil e xuvenil galega.
- Capacidade de interloución e coñecemento dos ilustradores e ilustradoras da edición infantil galega.
- Mínimo de 3 anos de experiencia en mediación lectora e/ou en difusión da lectura infantil e xuvenil, así como coñecemento da asignación lectora por tramos de idades.
- Experiencia demostrable en participación en foros, eventos, acontecementos ou calquera tipo de parlamento da literatura infantil e xuvenil galega.
- Coñecemento e/ou experiencia na edición infantil e xuvenil galega.
Competencias clave
- Paixón pola literatura infantil e xuvenil.
- Capacidade crítica e valorativa das obras da literatura infantil e xuvenil galega.
- Capacidade resolutiva e de traballo en equipo.
- Capacidade creativa e de redacción de textos.
- Excelentes habilidades de comunicación e negociación.
- Capacidade organizativa e de coordinación.
¿Que ofrecemos?
- Incorporación inmediata.
- Contrato indefinido.
- Flexibilidade horaria e modelo híbrido.
- Formación continua.
- Bo ambiente de traballo e cultura orientada ás persoas.
En Grupo Anaya estamos firmemente comprometidos coa diversidade dos nosos equipos e coa creación dun contorno inclusivo no que todas as persoas poidan prosperar e desenvolverse. Aspiramos a formar equipos que reflictan a pluralidade dos mercados aos que damos servizo e fomentamos a presentación de candidaturas de calquera persoa, sexa cal sexa a súa orixe ou traxectoria.
#J-18808-Ljbffr
📌 Editor/a Adquisición Infantil Xerais (Edición Xeral) (Vigo)
🏢 EDICIONS XERAIS DE GALICIA
📍 Vigo