Operario/a de Loxística e Almacén – Santiago de Compostela En Sistemas de Seguridade A1 buscamos incorporar un/unha Operario/a de Loxística e Almacén para o noso centro de traballo en Santiago de Compostela.
Se es unha persoa organizada, responsable e dinámica, e buscas un emprego estable nunha empresa consolidada e líder no sector da seguridade, queremos coñecerte.
Funcións do posto A persoa seleccionada realizará as seguintes funcións:
- Preparación e envío de pedidos.
- Recepción, clasificación e correcta ubicación da mercadoría.
- Subministración de material ao departamento técnico, garantindo a dispoñibilidade dos equipos e materiais necesarios para o desenvolvemento do seu traballo.
- Soporte ao departamento técnico na xestión das necesidades de material e equipamento.
- Atención e xestión de correos electrónicos relacionados coa actividade loxística.
- Control e seguimento da flota de vehículos da empresa (mantementos, revisións, ITV e documentación).
- Control de existencias e reposición de material.
- Organización do almacén e mantemento da orde e limpeza das instalacións.
- Coordinación con provedores, empresas de transporte e outros departamentos.
- Colaboración na mellora continua dos procesos loxísticos.
Que buscamos
- Persoa con experiencia ou interese en tarefas de loxística e xestión de almacén.
- Axilidade e destreza na manipulación de paquetes e mercadorías.
- Persoa responsable, proactiva e con gran capacidade de organización.
- Capacidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
- Bo manexo de ferramentas informáticas e correo electrónico.
- Residencia en Santiago de Compostela ou arredores.
- Carné de carretilleiro en vigor.
- Valorarase experiencia previa en postos de almacén, loxística ou coordinación operativa.
Que ofrecemos
- Contrato indefinido.
- Incorporación inmediata.
- Xornada completa.
- Horario rotativo:
- - Unha semana de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:00.
- A seguinte semana de 08:00 a 16:00.
- Oportunidade de desenvolvemento profesional nunha empresa líder no sector da seguridade.
- Ambiente de traballo colaborativo e dinámico.
- Integración nun equipo profesional e comprometido.
- Acceso a ximnasio nas instalacións da empresa.
- Outros beneficios sociais.
- Únete ao noso equipo!
En Sistemas de Seguridade A1 apostamos polo talento e polo desenvolvemento das persoas. Se buscas un proxecto estable, un traballo dinámico e a oportunidade de formar parte dun equipo competente, agardamos recibir a túa candidatura.
📌 Operario/a de logística de almacén (Santiago de Compostela)
🏢 Seguridade A1
📍 Santiago de Compostela
Postulate a este anuncio
Muestra tus habilidades a la empresa, rellenar el formulario y deja un toque personal en la carta, ayudará el reclutador en la elección del candidato.